lunes, 2 de junio de 2014

“O CAMIÑO DE DONA DELFINA” COMEZA EN SANTIAGO



A adega valdeorresa Roandi lanza a primeira ruta promocional dos seus viños en 31 establecementos da cidade compostelá


Bodega Roandi elixiu Santiago para o lanzamento de O Camiño de Dona Delfina, unha actividade promocional que se desenrola dende o día 28 de maio ata o 22 de xuño. A proposta desta adega valdeorresa vai dirixida a tódolos amantes do bo viño, ofrecéndolles un “camiño alternativo” por 31 locais da cidade onde degustar os novos Dona Delfina Godello 2013 e Dona Delfina Rosado 2013. A vila do Barco de Valdeorras e a cidade de Vigo serán os dous vindeiros destinos desta orixinal proposta.

            Por cada copa que o “camiñante” tome en calquera dos establecementos participantes, recibirá un selo por cada recadro. Unha vez completos os nove recadros da cartilla, deberá enchela cos seus datos persoais para así cambiala por unha botella de viño tinto Bancales Moral 2011 (DO Valdeorras) no establecemento colaborador Vide Vide. Tódalas cartillas recollidas durante a promoción, entrarán nun sorteo de 10 lotes de viño de Bodega Roandi, máis un premio final dunha fin de semana de Enoturismo na comarca ourensana de Valdeorras.

            Os establecementos participantes no Camiño de Dona Delfina:

Pedra Santa, La Bodeguilla de San Lázaro, De Mon, A Moa, Restaurante Rúa, Bicoca, La Bodeguilla de San Roque, Garumbistro, Casa das Crechas, As Dúas, O Curro da Parra, Casa Pepe, Pazo de Altamira, Grândola, Kunsthalle, Los Caracoles, O Celme do Caracol, Viñoteca Ventosela, O Boteco, A Charca, Porta Faxeira, A Tulla, Malak Bistro, La Cavita, Artesana, La Bodeguilla de Santa Marta, Don Quijote, A Nave de Vidán, Cervexería Luna, Café Bar Casimiro, Esquina. 

 

VIÑOS DONA DELFINA 2013

Rosado. A novidade principal céntrase no Dona Delfina Rosado 2013, elaborado coas variedades da zona Mencía, Sousón e Brancellao, que o converten nun dos escasos rosados de Galicia, terra non afeita á elaboración deste tipo de viños. Caracterízase polo tono brillante da súa cor rosada e polas notas de frambuesa e os aromas a fresas e grosellas que fan del un viño áxil e vivo.   

Godello. O blanco é un viño elaborado coa uva propia Godello que crece nos viñedos en bancais característicos dos viñedos da adega. Destaca a cor amarela brillante do viño e os aromas de frutas e flores brancas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada